Test dos descubrimentos

Se nos institutos de todo o mundo se comezase o curso presentando este test a todo o alumnado, poderíase constatar o absoluto descoñecemento que os adolescentes teñen dos logros alcanzados polas mulleres ao longo da historia. E deste xeito, quizais podería ser subsanado o dano irreparable que a exclusión das figuras femininas suscitou no discernimento do saber e a erudición humanos.

Porque quen ía imaxinar que a primeira persoa en conducir un coche fose unha muller, ou a que inventou a primeira linguaxe de programación informática, ou a que fundou a primeira universidade do mundo, ou a que descubriu a fisión nuclear…?


Comentarios