Científicas

    O teorema de Noether, o curio, o test de Apgar, existen poucos epónimos científicos con nome de muller. Pero, hai quen poida alardear de coñecelos? Recoñecería alguén a unha científica detrás do baño maría, esa técnica de cocción, ou pensaría nunha nai ou nunha avoa solícitas?
     As mulleres científicas existiron desde o principio da humanidade, eran curandeiras e sabias, pero excluídas máis tarde da ciencia oficial (a masculina) foron ignoradas e invisibilizadas, apartadas dos centros educativos, con prohibición de asistencia ás clases nas universidade e máis tarde á docencia, sen laboratorios propios, sen financiación, coas súas ideas apropiadas polos seus maridos ou compañeiros de traballo. E aínda así, con tantos impedimentos, chegamos. Estamos en todos os ámbitos científicos, gañamos Premios Nobel, o traballo dunha muller foi definitivo para a informática, para chegar á Lúa, para descubrir o ADN, os púlsares, a radioactividade, a composición das estrelas ou a existencia da materia escura. O único que nos falta é o recoñecemento.


Powered by emaze


Powered by emaze