INTRODUCIÓN

   Todas (e todos) hoxe sabedes ler, escribir, realizar operacións matemáticas, manexar un ordenador? Pero todo isto era impensable hai moitas décadas para as mulleres, e mesmo, para moitas mozas a día de hoxe é un soño inalcanzable. 

   O feito de que moitas de vós poidades estudar en igualdade cos mozos forma parte da historia da muller. As mulleres occidentais alcanzamos metas incribles hai uns anos, aínda que a situación noutros países do mundo sexa tremenda: a ablación feminina, a limitación do nacemento de nenas a favor dos nenos, a submisión da muller baixo os burkas e, sen ir tan lonxe no espazo, os casos de violencia de xénero que alagan os informativos en todos os países.

    E se non, preguntádevos por que a estas alturas se celebra o Día internacional da muller?

   As mulleres formamos parte da Historia, esa que escribiron os homes, pero deixáronnos na sombra. Por iso, o noso obxectivo xeral será coñecer e visibilizar a aquelas mulleres que foron as primeiras en lograr ou conseguir, nos diferentes campos, algo. Trátase de dar luz, de pór o foco nelas, para que as coñezades e coñézanas: ese será o voso tema de investigación. De aquí o título: DE PRIMEIRA(-S), que quere dicir, sobresaliente na súa liña.




O que pretendemos co proxecto de investigación é render unha pequena homenaxe a algunas mulleres das que herdamos o beneficio do seu esforzo ao longo da historia. Mulleres que foron ou son matemáticas, filósofas, pintoras, escritoras, defensoras dos dereitos humanos, políticas, científicas, etc.

Comentarios